familias


CLASIFICACIÓN FAMILIAR “C.C. AS TERMAS”


- Para participar na clasificación por familias os atletas deberán indicar na inscrición o nome da familia e o dni da persoa que actúe como capitán ou cabeza de familia.

- O cabeza de familia deberá estar tamén inscrito ócircuíto e deberá haber unha relación familiar de primeiro grao con el (fillos, pais e irmáns en tódolos casos tanto naturais como políticos ademais conxugues).

- Cada familia puntuará cos tres mellores resultados por categoría en cada carreira, obtendo tantos puntos como suma deses tres mellores postos acadados en cada categoría. En caso de non finalizar un mínimo de tres participantes o resultado descartarase para o cálculo do global.

- Para calcular a a puntuación global sumaranse as cinco mellores puntuacións obtidas pola familia ó longo do circuíto.

- En caso de empate favorecerase á familia que mais participacións individuais sume e, en caso de persistir, a que mais quilómetros recorrera.

- Trofeo para as 3 mellores familias clasificadas o final do circuíto.