Mar 28, 2020
Hola atletas, que tal estades levando este confinamento nas vosas casas?
Non nos olvidamos de tod@s v@s
De seguro que tentades pasar o tempo do mellor xeito posible, e por suposto xa vos imaxinamos manténdovos activos e a tope pensando en cando nos voltaremos a ver no noso Circuito Larsa Corre con Nós.
Mentras tanto imos a axudarvos a manter o bo tono muscular e atletico de cara a cando poidamos sair a rúa a pasear as nosas zapatillas e a nosa roupa de faena deportiva.
En colaboración coa ESCOLA ATLETICA LUCENSE imos a suxerirvos diversos CIRCUÍTOS DE FORZA E AERÓBICOS sinxelos, pero a súa vez efectivos, que podedes facer individualmente ou en compañia dos que vos acompañan na casa, para que os dias sexan máis levadeiros e poidades incorporarvos do mellor xeito posible a actividade atlética seguro que en breve tempo.
SEMANA 1:
https://escuelaatleticalucense.com/2020/03/24/ejercicios-para-el-confinamiento/
SEMANA 2:
https://escuelaatleticalucense.com/2020/03/25/ejercicios-para-el-confinamiento-ii/
Agardamos que vos sexan de utilidade, e seguiremos incorporando novidades para que sigades manténdovos ó día en forma .
Unha grande aperta!